Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Comezan as obras de humanización no Salgueiral

– A alcaldesa, Digna Rivas, explica que os traballos van facer que esta céntrica zona sexa máis accesible para os peóns, facilitando os desprazamentos das persoas con mobilidade reducida. Instalaranse beirarrúas máis amplas, novo mobiliario urbano e iluminación máis eficiente. Crearanse máis zonas verdes sen eliminar prazas de aparcadoiro.
– Para minimizar as posibles afeccións destas obras ao tráfico, recoméndase como alternativa o desvío dos vehículos pola praza de Ponteareas.

Hoxe luns, día 23 de setembro, arrancan os traballos de humanización da rúa Salgueiral. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, sinala que o obxectivo fundamental desta actuación é “a revitalización dun espazo público deteriorado e que é central na vida da vila”. As obras van permitir que esta céntrica zona de Redondela sexa “máis accesible para todas as persoas, dando prioridade aos peóns e facilitando os desprazamentos das persoas con mobilidade reducida”.

O proxecto, por importe de case un millón de euros, xa fora acordado no anterior mandato dentro do plan provincial da Deputación PON2030. As obras inclúen unha nova urbanización na rúa As Cardosas, Salgueiral e Ernestina Otero. Instalaranse beirarrúas máis amplas, novo mobiliario urbano e iluminación máis eficiente. Crearanse máis zonas verdes sen eliminar prazas de aparcadoiro. A actuación contempla tamén un escenario e unha fonte lúdica na zona sur, nun espazo que actualmente se emprega como escenario no Festival Internacional de Títeres.

Para minimizar as posibles afeccións destas obras á circulación, recoméndase como alternativa para os non residentes o desvío dos vehículos pola praza de Ponteareas. O goberno local xa celebrou o pasado 10 de setembro unha xuntanza informativa cos veciños da zona para trasladarlles toda a información relativa ás obras que comezan o próximo luns.

Compartir