Este venres, 8 de novembro, ás 20:00 h., a Biblioteca Xela Arias acolle a presentación do libro “Toponimia de Chapela”.
O libro forma parte da colección de estudos de toponimia que o Servizo de Normalización Lingüística deste concello leva realizando arredor das diferentes parroquias do noso municipio, baixo a autoría de María Pol López.
Na presentación acompañará á autora a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e repartiranse exemplares de balde entre os asistentes.