Concello de Redondela

O voluntariado retira 268 quilos de lixo e plantas invasoras da praia de Cesantes

O concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, visitou onte ao alumnado e profesores do Colexio Hogar Afundación que realizou unha actividade ambiental na praia de Cesantes. O centro desprazouse a Redondela para realizar unha nova xornada de voluntariado ambiental no marco do proxecto PLANCTO, que consistente na retirada de diferentes especies de flora exótica invasora e lixo mariño. En canto ás especies botánicas a eliminar, atópanse, entre outras, a margarida africana. Son plantas que é necesario eliminar de lugares tan fráxiles como este ecosistema dunar, un lugar que forma parte do LIC Enseada de San Simón pertencente á Rede Natura 2000. Nesta xornada retiráronse 194 quilos de especies invasoras e 74,4 quilos de lixo, cun total de 268,4 quilos.

A actividade conta coa colaboración do Concello de Redondela, que se encarga da xestión final dos residuos e especies alóctonas invasoras eliminadas ao longo da xornada.

Compartir