Concello de Redondela

O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela recibe subvencións da Deputación por valor de 26.800 euros

Anunciouse a adxudicación das subvencións en materia de lingua da Deputación de Pontevedra. Na liña de reforzo do SNL o departamento redondelán recibe do ente provincial 18.000 euros, e na liña de actividades recibe 8.801 euros para o proxecto “Unha semaniña enteira”, co que se promove o uso oral da lingua galega entre a mocidade.

Compartir