Concello de Redondela

A biblioteca na fraga, no mes de xullo

As bibliotecas municipais de Redondela pechan as súas portas durante o mes de agosto.

O mes de xullo foi un mes moi refrescante, pois trasladaron virtualmente as súas coleccións ao aire libre da fraga no verán. A Biblioteca Xela Arias preparou un escenario de conto para que o verán se achegase aos nosos estantes e para estimular a lectura e o achegamento aos contos.

Agradecemos as visitas que tivemos de varios colectivos, como:

Afaga, obradoiro de estimulación cognitiva de Chapela
Aldeas Infantiles, Centro de Día de Redondela
Centro de Día Chapela
– E a todas as familias que participastes na actividade «Contos na fraga», coa participación de Rebeca e mais Noela, dúas usuarias marabillosas.

Tamén, por suposto, a todas as persoas que pasastes un bo anaco na sala infantil da biblioteca.

BO MES DE AGOSTO 😎📙

Compartir