Concello de Redondela

Máis dun cento de familias reciben a axuda municipal para alumnado de Educación Infantil

O Concello de Redondela destina máis de 7.000 para as axudas de libros e material escolar para nenos e nenas de Educación Infantil no curso 2025/26. Este ano son máis dun cento as familias beneficiarias, que reúnen os requisitos da convocatoria, con nenos e nenas de 3 a 5 anos escolarizados en centros públicos do municipio. As familias reciben un vale por un importe de 70 euros que poden trocar por libros e material escolar nas librarías locais adheridas a esta convocatoria.

A alcaldesa, Digna Rivas, explica que malia que non é unha competencia municipal, o Concello fai este esforzo “para axudar ás familias que o precisan cos gastos de escolarización dos nenos e nenas”. As persoas beneficiarias poden recoller o vale no Concello, en horario de 9.00 a 11.00 horas, ou solicitar outro horario no teléfono 986 400 300.

Compartir