Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

A Biblioteca Xela Arias acolle a presentación do “Chapela de onte a hoxe” de Gonzalo Mencía

ImagenNoDisponible

Esta tarde a Biblioteca Xela Arias encheuse de persoas da veciñanza de Chapela para acoller a presentación do libro “Chapela, de onte a hoxe”, traballo realizado polo chapelán Gonzalo Mencía, que o Concello de Redondela ven de reeditar.

Na presentación estivo o autor, Gonzalo Mencía, acompañado de Digna Rivas, alcaldesa de Redondela e responsable do Servizo de Normalización Lingüística, así como do concelleiro de deportes Ignacio González.

Publicado orixinariamente no ano 2000 polo Concello de Redondela, este libro esgotou as súas existencias en moi pouco tempo. Trátase dunha publicación imprescincible para coñecer o pasado máis recente da parroquia, para poder apreciar como esta ten cambiado nas últimas décadas e tamén, e sobre todo, para achegarse aos veciños daqueles tempos.

Gonzalo Mencía coa súa filla na presentación, fotografía de Roberto Solano
O público asistente ao acto. Fotografía de Roberto Solano
Sinatura de libros. Fotografía de Roberto Solano

As bibliotecas municipais de Redondela poderemos contar a partir de agora con este título, de grande interese para a nosa colección local, nos nosos fondos.

As bibliotecas dispoñemos, ademáis, de exemplares para entregar de balde aos nosos lectores, ata esgotar existencias.

Compartir