A Biblioteca Xela Arias de Chapela gozou esta tarde dun achegamento á tradición e á cultura popular da man das pandereteiras do Grupo Folclórico Anaquiños.
Falamos da homenaxe que este ano as cantareiras e as pandereteiras reciben da man da Real Academia Galega neste 2025, e amosámonos moi satisfeitos por unha elección tan diferente e tan significatova para adicar o 17 de maio deste ano. Un merecido recoñecemento a aquelas mulleres que durante moito tempo foron quen de preservar a nosa lingua e enriquecernos co seu legado poético e cultural.
Moi xenerosamente, as pandereteiras de Anaquiños tocaron uns temas, e Luis, o seu profesor, nos foi contando moitas cousas de interese sobre a orixe e o significado dos temas que ían interpretando.
Dende a Biblioteca Xela Arias estamos moi agradecidos pola súa participación.