Esta tarde rapaces e rapaces de Chapela divertíronse xogando de mil formas coas palabras e a poesía, da man de Miguel A. Alonso Diz.
Un obradoiro con perspectiva de xénero no que romper os estereotipos, no que ademáis se recrearon dándolle mil voltas ao sentido das palabras.
Unha actividade coa que, ademáis de brincar coa lingua, coñeceron a escritores novos da literatura galega que pagan a pena.
Xogaron ás mil maneiras de darlle voltas ás palabras para crear sentidos novos e mundos imaxinarios, tenros uns, absurdos outros… e moi divertidos.
A actividade realizouse dentro da programación do Concello de Redondela polo 25N, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller.