Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

A reforma da estación de tren mellorará a accesibilidade cun paso inferior e ascensores

Antonio Cabaleiro e Digna Rivas na estación co subdelegado do Goberno Abel Losada
– A alcaldesa Digna Rivas amósase moi satisfeita coa adxudicación das obras de reforma e modernización da estación de tren de Redondela, que “mellorarán a accesibilidade cun paso inferior con ascensores, novos aseos e unha renovada praza de acceso”.
– O Ministerio de Transportes aposta polo ferricarril e renovará os 13 quilómetros do trazado entre Redondela e Vigo para reforzar o tráfico de viaxeiros e mercadorías cun novo apeadeiro na parroquia de Chapela e outras actuacións no túnel de Vigo e a estación de Guixar.

A alcaldesa Digna Rivas amósase moi satisfeita coa adxudicación das obras de reforma e modernización da estación de tren de Redondela, que “mellorarán a accesibilidade cun paso inferior con ascensores, novos aseos e unha renovada praza de acceso”. Adif contratou os traballos por 3,3 millóns de euros a Civis Global. As melloras comprenden actuacións nas plataformas, o vestíbulo e a praza de acceso á estación que complementan as que se realizarán no marco dun proxecto paralelo: a construción dunha nova plataforma central e a escavación do paso inferior entre plataformas. O proxecto agora contratado completa o paso inferior co despregamento de pavimento, paramentos, teitos, pasamanos, varandas, señalética e iluminación, e a instalación dos dous ascensores que o comunican coas plataformas.

Renovación de cerramentos

Na plataforma principal reforzarase e rehabilitará a marquesiña existente con nova cobertura e canalización para evacuación de auga de choiva e a renovación da súa lucernario. Ademais, despregarase unha marquesiña adicional, para cubrir o ascensor e o acceso ao paso inferior, con cobertura de vidro para deixar paso á luz natural. E na plataforma central tamén se montará unha nova marquesiña metálica para cubrir os accesos ao paso inferior. As actuacións nas plataformas complétanse coa instalación de nova iluminación e sinais. En canto ao edificio de viaxeiros, renovaranse os cerramentos para reforzar a eficiencia enerxética do edificio e habilitarase un acceso directo desde a entrada ás plataformas, cunha dobre porta corredoira no acceso á estación e a entrada á plataforma principal. Tamén se construirán uns novos aseos con espazo para viaxeiros con discapacidade ou mobilidade reducida. A actuación comprende ademais a renovación da praza de acceso á estación, que mellorará a súa integración na contorna e a conexión con outros transportes: contará cunha nova zona de aparcadoiro, espazo para parada de taxi, área para parada puntual de vehículos que acoden a deixar ou recoller viaxeiros, e novos accesos peonís e viarios. Ademais, instalarase nova rotulación e iluminación.

Aposta polo ferrocarril cun novo apeadoiro en Chapela
Adif avanza na estación mentres ultima a contratación da renovación do trazado de trece quilómetros que une Redondela con Vigo-Guixar, da liña de ferrocarril convencional Ourense-Vigo, a denominada “Liña do Miño”, para reforzar o tráfico de viaxeiros e mercadorías neste eixo estratéxico do Corredor Atlántico. No marco deste contrato, construirase a plataforma central e paso inferior da estación de Redondela, ademais dun novo apeadeiro na parroquia de Chapela e outras actuacións no túnel de Vigo e a estación de Guixar. Para a alcaldesa este é un exemplo da aposta do Ministerio de transportes “polo ferrocarril e do seu compromiso con Redondela con estas importantes obras de mellora tan dema
ndadas pola cidadanía”.

Compartir