Rapaces e rapazas de Chapela participaron esta tarde dun obradoiro creativo de postais de Nadal, ofrecido pola artista plástica Macarena G. Muñoz. Unha oportunidade privilexiada de repetir unha tradición propia doutras xeracións, pero que estes nenos e nenas son quen de recuperar.
Os participantes elaboraron tres postais moi orixinais, segundo o modelo proposto, e encheron os datos nos sobres.
As postais serán enviadas a través do servizo de Correos para que lles podan chegar aos amigos e familiares para que lles podan achegar os seus mellores desexos.