Concello de Redondela

Aberto o prazo de solicitude para as axudas de libros e material escolar de Educación Infantil

O Concello de Redondela ten aberto o prazo de solicitude para as axudas de libros e material escolar en Educación Infantil. A subvención está dirixida a familias con nenos ou nenas de 3 a 5 anos escolarizado nun centro público de Redondela para o curso 2025/26. As familias beneficiarias recibirán un vale por un importe máximo de 70 euros que poderán trocar por libros e material escolar nas librarías adheridas a esta convocatoria.

A alcaldesa, Digna Rivas, explica que estas subvencións teñen por obxectivo “axudar ás familias que o precisan cos gastos de escolarización dos nenos e nenas”. Para optara esta axuda a renda per cápita familiar debe ser igual ou inferior a 8.800 euros. O prazo de solicitude está aberto ata o 31 de xullo. O trámite pode facerse a través da sede electrónica do Concello nos rexistros oficiais habilitados.

Toda a información no seguinte enlace

Solicitude de axudas para a adquisición de libros e material curricular destinadas a alumnado matriculado en centros docentes públicos de educación infantil de Redondela da segunda etapa (de 3 a 5 anos)

Compartir