Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

La Confederación ANPAS GALLEGAS presenta en Cabeiro un estudio de la necesidad de un plan educativo específico para el rural gallego.

A Federación de ANPAS de Redondela compracese en convidar á cidadanía ao acto que, o vindeiro mércores 14 de xuño, organiza no Centro Socio Cultural Recreativo de Cabeiro xunto a Confederación ANPAS GALEGAS “ Por un plan específico para o rural galego”. A Confederación ANPAS GALEGAS, vai presentar no Centro Socio Cultural Recreativo de Cabeiro o estudo realizado nos anos 2021 e 2022 sobre a necesidade dun plan educativo específico para o rural galego.

A Confederación de ANPAS, á que pertence á recentemente constituída Federación de ANPAS de Redondela, ten de sempre entre os seus obxectivos principais a defensa dun Ensino público no rural galego que se iguale en calidade e medios ao que poidan ter as zonas urbanas do noso País.

Pero as defensas fanse con datos e diagnoses, e precisamente esta é a intención do estudo feito, que se fundamenta en tres piares nos que se traballou a un tempo:

– A solicitude ás ANPAS asociadas, máis de 400 neste momento, da súa visión do que está a ocorrer no rural galego.
– A realización dunha ampla enquisa en liña na que se debullaron un amplo abano de facetas da vida educativa rural.
– A organización de 4 foros especializados con persoas vinculadas profesionalmente co rural galego na que expuxeron unha visión formal dese rural que se estudiou.

As conclusións deses traballos é o que se presentará o vindeiro 14 de xuño no CSC Recreativo de Cabeiro, alí informarase de cada un dos pasos dados, das diferentes consecuencias obtidas en cadansúa modalidade de actuación, e do resumo de necesidades que se consideran amplamente fundamentadas en todo o traballo presentado.

O rural galego, sexa aldeán ou vilego, costeiro ou interior, de val ou de montaña, ten unha diversidade de características positivas e un único e enorme problema: o abandono ao que está sometido por parte das administracións e poderes públicos.

Iso é o resumo último deste estudo que se presenta o 14 de xuño, pero non é o único que se conclúe do mesmo, o resto se explicará en en Cabeiro.

Compartir