Máis fotografías da actividade nesta enlace
Este luns os cativos e cativas da contorna de Chapela pasaron unha divertida tarde coñecendo ao artista Pablo Ruiz Picasso, as súas etapas artísticas e as obras máis importantes. Un obradoiro no que experimentaron coa cor e o seu uso fundamental nas artes pictóricas.
A proposta estaba pensada para estimular a primeira curiosidade polas obras de arte, e foi realizada na nosa biblioteca pola artista plástica Macarena González.