Concello de Redondela

Arrancan os clubs de lectura das nosas bibliotecas

ImagenNoDisponible

Neste mes de novembro os clubs de lectura retomaron o seu curso nas Bibliotecas de Redondela.

Unha nova edición dos clubs nos que temos a ledicia de incorporar caras novas e de ampliar o número de participantes, despois das limitacións das edicións anteriores debidas á pandemia.

Novas caras e novas voces á nosa parola, que seguro que enriquecerán as nosas tertulias con novos puntos de vista e variadas observacións.

Ademáis, a nosa aposta desta primeira tempada non pudo ser máis atraente, da nostalxia cinéfila de «El Señor Wilder y yo», de Jonathan Coe, ao canto á solidariedade e a esperanza de «Las vencedoras», de Laetitia Colombani.

Dúas propostas literarias que deron moito xogo nas reunións, e que seguerán a dalo nas sesións de decembro, onde intercambiaremos as lecturas para cada club.


#ClubsLecturaRedondela

Compartir