Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

As Bibliotecas Municipais entregamos o premio do sorteo do “Reto lector 2023″

As Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela fixeron entrega do seu premio a Argentina “Tini”  Rodríguez, gañadora do sorteo do “Reto lector 2023″.
O Reto Lector 2023 foi unha iniciativa de fomento da lectura para o público adulto, posta en marcha polas Bibliotecas Municipais de Redondela a propostada Asociación de Amigos das Bibliotecas de Redondela.
Consistía  na lectura de 12 libros ao longo de 2023, que debían axustarse a unha serie de características indicadas previamente nun calendario de lectura. Un desafío a modo de xogo no que o aliciente era enfrontarse a lecturas en diferentes xéneros, formatos e estilos.

O sorteo realizouse entre aqueles participantes do Reto que foron quen de completar as 12 lecturas dese calendario: un total de 17 persoas de entre as 37 que participaron. O premio, como non podía ser doutro xeito, foi un grande e variado lote de libros. Ademáis,  todos/as os/as que remataron o reto recibirán un agasallo.

Co sorteo e mais a entrega do premio, as Bibliotecas Municipais de Redondela únense á conmemoración do Día do Usuario/a das Bibliotecas, data destacada no Calendario do Libro e a Lectura de Galicia como o 11 de xaneiro. As bibliotecas renden así homenaxe aos usuarios e usuarias, por seren eles unha parte fundamental e imprescindible do seu servizo.

No Faro de Vigo 

Radio Redondela

Comarcas na Rede

Cadena Ser

Compartir