Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Buscando e atopando a Xela Arias e a súa biblioteca

ImagenNoDisponible

Emocionados que estamos coa xentileza do CPR María Inmaculada (Verín), CEIP Xunqueira 1 (Pontevedra), Colexio de Verducido (Pontevedra), Colexio de Campañó (Pontevedra), CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén, C.R.A. Monterrei (Ourense), Santa María do Castro (Boiro), CEIP de Quiroga (Lugo)  O Ruxidoiro (A Valenza-Ourense), C.P.R. Colexio Vigo (Redondela),  IES Félix Muriel (Rianxo),  CEIP Vales de Villamarín (Betanzos), IES Xesús Taboada Chivite (Verín), e 1° curso do C. S. de Animación Sociocultural e Turística do CIFP de Ourense que, non soamente, buscaron e atoparon a Xela a través da visita virtual á Biblioteca P.M. Xela Arias de Chapela (Redondela), senón que nos enviaron as fotografías que dan fe dese encontro que sabemos foi moi, moi grato.

E moitísimas grazas aos nosos compañeir@s por se  facer eco da videovisita á Biblioteca Xela Arias nas súas redes sociais : Biblioteca Municipal de Ames, Biblioteca Pública de Lugo, Biblioteca Pública de Pontevedra, Biblioteca Municipal de Verín

As Bibliotecas Municipais de Redondela recibimos un agasallo moi fermoso. É o traballo dunha nena dun cole de Vigo: mandoullo a Raquel Queizás a súa nai e Raquel a nós.
 É un debuxo no que sae a nosa Biblioteca Xela Arias de Chapela debuxada como se fose unha casiña de conto…

 A autora chamase Alba, ten 10 anos, e estuda no Centro Dr Fleming de Vigo.

✅MOITAS GRAZAS A TOD@S QUE COMO NÓS…. ❤️ XELA ARIAS!

Compartir