A Biblioteca Xela Arias estrea este mes de setembro cun buzón externo, para que podades devolver os préstamos fóra do horario da biblioteca.
Estamos moi contentos porque é un servizo que demandaban moito as nosas persoas usuarias.
Para garantizar o bo uso do mesmo, tede en conta estas normas de uso:
- Utilizalo exclusivamente CANDO A BIBLIOTECA ESTEA PECHADA.
- Só para libros e outros documentos pertencentes ás BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE REDONDELA.
- Introducide os libros polo lombo, para evitar o seu deterioro, soltándoos con coidado.
- Antes de marchar, asegurádevos de que caeron correctamente.
- Non metades libros cando o buzón estea cheo.
- A devolución dos documentos farase efectiva no seguinte día de apertura da biblioteca.
- En ningún momento se dará por devolto un libro que non estea no poder da biblioteca, polo tanto, é responsabilidade de cada usuario ou usuaria o uso deste servizo.
Grazas por facer un uso axeitado del. Agardamos que vos sexa de utilidade.