Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Chamamento ao respecto e colaboración ante o roubo de plantas nos xardíns públicos

Desde o Concello de Redondela lembra que as plantas das prazas, parques e xardíns son tamén parte do patrimonio municipal e merecen ser coidadas e protexidas como calquera outro ben do espazo público. As zonas axardinadas do centro da vila como as da rúa Ernestina Otero, ou a praza das Casas dos Mestres, son obxecto de roubos de flores e plantas ornamentais de maneira reiterada. O Concello de Redondela quere expresar a súa preocupación ante estes feitos, lamentando que siga habendo xente incívica que continúe arrincando as especies vexetais e deslucindo as nosas rúas. A pesar do esforzo que supón repor as plantas, esforzo tanto económico como de traballo por parte do persoal de Parques e Xardíns, cada día aparecen novos ocos nas macetas e xardineiras. Por iso, desde o Concello quérese facer un chamamento “á educación e ao respecto polo que é de todos e todas”. As plantas son tamén parte do patrimonio municipal e merecen ser coidadas e protexidas como calquera outro ben do espazo público. Desde o departamento de Parques e Xardíns pídese a colaboración da veciñanza, xa que estes actos supoñen “unha gran perda non só para o Concello, senón para toda a cidadanía que quere gozar dos recunchos tan bonitos que temos”. Desde o Concello espérase contar coa colaboración da poboación para preservar a beleza da nosa vila.

Compartir