– Arranca a campaña de sensibilización e divulgación e todas as familias do municipio redondelán poderán dirixirse á carpa de “Ti tes a Chave” o vindeiro martes 28 de outubro o en horario de 10.30h a 13.30h e de 15.30h a 18.30h, na praza do Concello. Haberá máis accións informativas a pé de rúa nas vindeiras semanas e meses, xa que este é un proxecto que vén para quedar.
– En paralelo poñemos en marcha a campaña de “compostaxe doméstica” coa entrega de máis de 200 composteiros en vivendas unifamiliares. A veciñanza que resida nunha vivenda illada e que conte cunha parcela ou horta dun mínimo de 25m2 pode solicitalo, ben chamando ao teléfono do Concello 986 400 300 ou directamente a través da solicitude online.
Desde o Concello de Redondela queremos adaptarnos aos novos criterios de xestión de residuos. Case a metade do lixo que producimos nas nosas casas é materia orgánica, por iso para cumprir coa lexislación vixente é moi importante a clasificación dos residuos en orixe. O colector marrón, a quinta fracción, que ten como uso exclusivo a recollida de residuos orgánicos chega ó Concello de Redondela. Este novo depósito ten a particularidade de estar pechado coa finalidade de concienciar á veciñanza. Queremos ser máis sostibles e iso só será posible coa implicación de toda a cidadanía. Facemos un chamamento á participación das familias de Redondela neste novo proxecto, que de seguro sentará as bases do que será a futura recollida de lixo neste Concello.
Súmate ao voluntariado marrón. Buscamos familias e persoas concienciadas
Acaba de arrancar a campaña de sensibilización e divulgación e todas as familias do municipio redondelán poderán dirixirse á carpa de “Ti tes a Chave” o vindeiro martes 28 de outubro o en horario de 10.30h a 13.30h e de 15.30h a 18.30h, na praza do Concello. Haberá máis accións informativas a pé de rúa nas vindeiras semanas e meses, xa que este é un proxecto que vén para quedar. As persoas interesadas en sumarse ó voluntariado marrón poden rexistrarse a través da solicitude online FORMULARIO ONLINE SOLICITUDE DE TI TES A CHAVE CONCELLO DE REDONDELA. Informaremos das novas datas, localizacións e horarios mediante as redes sociais do Concello.
Campaña de compostaxe doméstica
En paralelo poñemos en marcha a campaña de “compostaxe doméstica” coa entrega de máis de 200 composteiros en vivendas unifamiliares. A veciñanza que resida nunha vivenda illada e que conte cunha parcela ou horta dun mínimo de 25m2 pode solicitalo, ben chamando ao teléfono do Concello 986 400 300 ou directamente a través da solicitude online FORMULARIO ONLINE SOLICITUDE DE COMPOSTEIRO INDIVIDUAL CONCELLO DE REDONDELA.
