Concello de Redondela

Clubs de lectura das bibliotecas muncipais: inscricións e próximas sesións

As persoas interesadas en participar nos Clubs de Lectura das Bibliotecas Municipais de Redondela, poden facer xa a súa inscrición.

Os clubs de lectura son xuntanzas periódicas onde un grupo de persoas comentan diferentes libros, previa lectura individual dos mesmos.

Nos nosos clubs (un na biblioteca de Redondela e outro na biblioteca de Chapela) as reunións son mensuais, e lese un libro diferente de cada vez, procurando que as propostas lectoras sexan variadas e diversas, adaptándose a diferentes gustos e estilos.
A conversa difire dunha sesión a outra, pois xira arredor de aspectos moi variados: o estilo literario, a temática da obra, o pensamento do autor ou autora, amén das impresións persoais ou das emocións que o texto evoca nos lectores… todo ten cabida nas parolas dos clubs.

As persoas participantes teñen que ter cumpridos os 18 anos, ter o carné de socias da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, e inscribirse previamente nun dos clubs. En calquera caso, o carné das bibliotecas pode facerse no mesmo momento da inscrición.

Participar é de balde, e as bibliotecas, ademáis, proporcionan os libros para cada sesión. O número de persoas participantes é limitado.

– Na Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela ➡ un VENRES cada mes, ás 20:00 h.
  📍 Paseo da Xunqueira, S.N., Edificio Multiúsos, 1º andar. Redondela.
📞 986-401-561
📧 bibliotecaredondela@redondela.gal

– Na Biblioteca P. M. Xela Arias de Chapela ➡ un LUNS cada mes, , ás 20:00 h.
📍 R/ Piñeiral, nº22, Edificio Multiúsos, 1º andar. Chapela (Redondela).
📞 986-454-226
📧bibliotecachapela@redondela.gal

 

-As xuntanzas comezarán  neste mes de outubro.

–PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DE REDONDELA: Venres 10 de outubro, ás 20:00 h.
Comentaremos o libro: «Ítaca», de María Besteiros.

–PRIMEIRA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA DE CHAPELA: Luns 13 de outubro, ás 20:00 h.
Comentaremos o libro: «Hierro viejo», de Marto Pariente.

Compartir