Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Contos cálidos para un outono morno, con Olga Cuervo, na Biblioteca Xela Arias

ImagenNoDisponible

Benvido outono!!

Bueno, igual non o parece polas temperaturas tórridas que estamos a pasar nestes días… pero o 23 de setembro dase inicio a esta estación do ano que tanto nos gusta .

Para celebrar este cambio de estación, así como a volta á actividade cotiá a Biblioteca Xela Arias, celebramos onte un espectáculo de narración oral para a rapazada.

E como emisaria chegada do mundo dos contos tivemos nada menos que á asturiana de orixe e redondelana de adopción Olga Cuervo, con “Al abrigo de los cuentos”: unha función moi acaída á nosa proposta.

Nenas, nenos e adultos gozaron dun reencontro con esta marabillosa narradora, e xerouse tal expectación e o interese por participar que a biblioteca tivo que mudar o emplazamento orixinal do espectáculo e levalo ao auditorio do Piñeiral do Crego.

Ao rematar a sesión foron moitos os espectadores que quixeron achegarse a falar con Olga Cuervo, e tamén levar prestados os contos que dende a biblioteca suxerimos para esta sesión.Agardamos vervos de novo noutras actividades.

Compartir