Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Cursos Aulas Cemit para nen@s de 7 a 12 anos e Aula Aberta para adultos no mes de Xullo

A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela, que xestiona Antonio Cabaleiro, desenvolverá durante o mes de Xullo, a través das Aulas CeMIT de Redondela e Chapela, cursos totalmente gratuítos dirixidos ao público en xeral. Haberá diferentes horarios con 16 prazas en cada curso da aula de Redodela e 12 na de Chapela. En @ambos os casos as prazas serán asignadas por estrita orde de inscrición. O prazo de solicitudes xa está aberto.

As formacións son as seguintes:

Aula CeMIT Redondela os luns e mércores, do 8 ao 31 de xullo , curso de Informática para nen@s de 7 a 9 anos de 10.30 a 11.30 horas. Nas mesmas datas pero e horario de 12.00 a 13.00 curso de Informática para nen@s de 10 a 12 anos

AULA ABERTA: TALLERES PARA ADULTOS TODOS OS VENRES DO MES DE XULLO. Talleres para adultos para consultas e dúbidas en trámites online co Concello, móviles e tablets de 10:00 a 13:30 h

Aula CeMIT Chapela os martes e xoves , do 9 de xullo ao 1 de agosto curso de Informática para nen@s de 7 a 9 anos de 10.30 a 11.30 horas

AULA ABERTA: TALLERES PARA ADULTOS TODOS OS MARTES E XOVES DO MES DE XULLO. Talleres para adultos para consultas e dúbidas en trámites online co Concello, móviles e tablets de 11:30 a 13:30 h

Compartir