Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Cursos de informática de Setembro a Decembro 2024

A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela, que xestiona Antonio Cabaleiro, desenvolverá durante os meses de setembro a decembro, a través das Aulas CeMIT de Redondela e Chapela, cursos totalmente gratuítos dirixidos ao público en xeral, abarcarán diferentes ámbitos da informática.

Para estes cursos ofértanse en diferentes horarios mais de 100 prazas para diferentes cursos e horarios na aula de Redondela, cun total de 16 postos e na de Chapela con 12 postos.

As formacións son as seguintes:

Aula CeMIT Redondela os luns e mércores:

Do 16 de setembro ao 11 de decembro

CURSO: BLOGGER – Ferramenta de Google. Creación dun blog.
DATAS: Do 16/09 ao 11/12
HORARIOS: De 10.00 a 11.30hs
CURSO: PHOTOFANCY e PHOTOPEA – Traballo con imaxes. Creación de contido multimedia online.
DATAS: Do 16/09 ao 11/12
HORARIOS: De  12.00 a 13.30hs

AULA ABERTA: TALLERES PARA ADULTOS – VENRES SETEMBRO/OUTUBRO

Talleres para adultos – Consultas e dúbidas. (09:30/12:00 hs.)
Competencias Dixitais Básica con Tablets. (12:00/13:30 hs.)

Aula CeMIT Chapela os martes e xoves:

Do 17 de setembro ao 12 de decembro

CURSO: ONLYOFFICE – Software libre. Suite ofimática.
DATAS: Do 17/09 ao 12/12
HORARIOS: De 10.00 a 11.30hs.
CURSO: COMPETENCIAS DIXITÁIS nivel medio – Sistemas operativos Windows, Linux e Android.
DATAS: Do 17/09 ao 12/12
HORARIOS: De 12.00 a 13.30h

AULA ABERTA: TALLERES PARA ADULTOS VENRES SETEMBRO/OUTUBRO

Talleres para adultos – Consultas e dúbidas. (09:30/12:00 hs.)
Competencias Dixitais Básica con Tablets. (12:00/13:30 hs.)

As instancias para participar nos cursos pódense recoller na páxina web de Redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.

A presentación solicitudes e a documentación precisa farase nos rexistros habilitados no Concello de Redondela. A selección será por orde de inscrición. Posteriormente, ao alumnado con praza concedida chamaráselle por teléfono para confirmar a súa participación.

FOLLA DE INSCRICIÓN DO ALUMNADO PARA REDONDELA

FOLLA DE NSCRICIÓN DO ALUMNADO PARA CHAPELA

Compartir