A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela, que xestiona Antonio Cabaleiro, desenvolverá durante os meses de setembro a decembro, a través das Aulas CeMIT de Redondela e Chapela, cursos totalmente gratuítos dirixidos ao público en xeral, abarcarán diferentes ámbitos da informática.
Para estes cursos ofértanse en diferentes horarios mais de 100 prazas para diferentes cursos e horarios na aula de Redondela, cun total de 16 postos e na de Chapela con 12 postos.
As formacións son as seguintes:
Aula CeMIT Redondela os luns e mércores:
Do 29 de setembro ao 17 de decembro
CURSO: Trámites en liña coa administración e Identidade Dixital
DATAS: Do 29/09 ao 17/12
HORARIOS: De 10.00 a 11.30hs
CURSO: Retoque fotográfico con Gimp – Traballo con imaxes
DATAS: Do 29/09 ao 17/12
HORARIOS: De 12.00 a 13.30hs
CURSO: Competencias Dixitais para a cidadanía
DATAS: Do 29/09 ao 17/12
HORARIOS: De 17.00 a 18.30hs
CURSO: Base de datos direccionais – LibreOffice – Base
DATAS: Do 29/09 ao 17/12
HORARIOS: De 19.00 a 20.30hs
AULA ABERTA: TALLERES PARA ADULTOS – VENRES OUTUBRO
Talleres para adultos – Consultas e dúbidas. (09:30/12:00 hs. e 16:30/20:30 hs)
Competencias Dixitais Básica con Tablets. (12:00/13:30 hs.)
Aula CeMIT Chapela os martes e xoves:
Do 30 de setembro ao 18 de decembro
CURSO: Competencias Dixitais para a cidadanía
DATAS: Do 30/09 ao 18/12
HORARIOS: De 10.00 a 11.30hs.
CURSO: Base de datos direccionais – LibreOffice – Base
DATAS: Do 30/09 ao 18/12
HORARIOS: De 12.00 a 13.30h
CURSO: Trámites en liña coa administración e Identidade Dixital
DATAS: Do 30/09 ao 18/12
HORARIOS: De 17.00 a 18.30hs
CURSO: Retoque fotográfico con Gimp – Traballo con imaxes
DATAS: Do 30/09 ao 18/12
HORARIOS: De 19.00 a 20.30hs
AULA ABERTA: TALLERES PARA ADULTOS VENRES NOVEMBRO
Talleres para adultos – Consultas e dúbidas. (09:30/12:00 hs.)
Competencias Dixitais Básica con Tablets. (12:00/13:30 hs.)
As instancias para participar nos cursos pódense recoller na páxina web de Redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.
A presentación solicitudes e a documentación precisa farase nos rexistros habilitados no Concello de Redondela. A selección será por orde de inscrición. Posteriormente, ao alumnado con praza concedida chamaráselle por teléfono para confirmar a súa participación.
FICHA DE INSCRIPCIÓN DO ALUMNADO SEPT-DIC REDONDELA 2025
FICHA DE INSCRIPCIÓN DO ALUMNADO SEPT-DIC CHAPELA 2025
⇒ INFORMACION CONTIDO CURSOS INFORMÁTICA 2025