Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Día do libro…e da Camelia

Día do Libro da rosa?

Non, nas Bibliotecas Municipais de Redondela será o Día do Libro e da Camelia

No Día do Libro é tradicional, en moitos lugares de España, regalar unha rosa ao concluír unha lectura, evento ou pregón e que os namorados e persoas queridas se  intercambien  rosas e libros. Como nas bibliotecas de Redondela queremos moito aos nosos/as usuarios/as acollémonos a esta bonita tradición para este día tan especial ofrecéndolles  este encantador deseño de camelia, realizado pola nosa compañeira Olga.

Os/as lectores/as que fagades uso do servizo de préstamo este 23 de abril, levaredes como agasallo unha camelia realizada con papel impreso reciclado  e con todo o noso agarimo.

 

FELIZ DÍA MUNDIAL DO LIBRO PARA TODOS/AS!

O cartel do Día do Libro

cartel do Día do Libro-CEGAL

Compartir