Xa pasaron días, pero aínda non o esquecemos.
O venres 3 de maio a Biblioteca Xela Arias vestiu as súas mellores galas para recibir a visita dun músico internacional, provinte dun lugar tan afastado como Madagascar.
O artista malgaxe Kilema, músico, lutier e divulgador da cultura do seu país ofreceu un concerto no Multiúsos de Chapela da man da Biblioteca Xela Arias e mais da Coral o Piñeiral de Chapela.
Non podemos senón sinalar o bo sabor que nos deixou o artista pola súa disposición, xenerosidade e humanidade. E tamén o xeito que foi quen de transmitir o importante que é a música para unir os corazóns de todos os humanos e traspasar calquera barreira cultural.
Unha actividade da que gozamos todos grazas á Coral o Piñeiral, o Coro de Voces Graves de Vigo, a Xunta de Galicia e mais a Deputación Provincial.
Velaquí fragmentos da actuació no noso Instagram.