Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Encontro co músico Kilema na Biblioteca de Chapela

A Biblioteca Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e mais o Coro de Voces Graves de Vigo, comprácese en ter un encontro co músico malgaxe Kilema.

No día previo ao concerto que dará no auditorio do Multiúsos de Chapela (sábado 4 de maio, ás 19:00 h., da man da Coral o Piñeiral), o músico, luthier e activista terá un encontro con público infantil e xuvenil para falar sobre Madagascar e a súa música, pero sobre todo, para dar unha masterclass sobre o son e as características dos seus instrumentos musicais.

Os instrumentos que toca Kilema baséanse na tradición malgaxe, mais algúns deles foron modificados pola súa man, aproveitando materiais de refugallo.

Kilema xira polo mundo para dar a coñecer a riqueza cultural do seu país, e dentro dun proxecto no que, a través da súa música como medio de transporte, difunde valores, ideas, aprendizaxes e solidariedade.

A cita con Kilema e a biblioteca de Chapela será o venres 3 de maio, ás 19:00 h. 

A actividade está pensada para rapazada a partir de 4 anos, e público familiar.
Entrada libre e de balde.

Compartir