Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Enquisa”O valor social das bibliotecas”

A Dirección Xeral de Cultura puxo en marcha un novo proxecto relacionado coas bibliotecas:  trátase do estudo, entre a cidadanía, titulado O valor social das bibliotecas  para coñecer como se valora o servizo que ofrecen as bibliotecas públicas de Galicia e como estas contribúen ao benestar e desenvolvemento da sociedade.


Cubrir este cuestionario non leva máis de 3 minutos e a súa achega é moi importante para obter información sobre como se percibe este servizo público.


Informa a Dirección Xeral de Cultura que os datos proporcionados serán tratados de maneira anónima e confidencial, agregada e non individualizada, coa finalidade de obter a información global necesaria para a realización do estudo; polo anterior, a participación nesta enquisa non suporá un tratamento dos seus datos persoais.

A enquisa está dispoñible en liña, aínda que tamén se ofrece a posibilidade de cubrir o cuestionario de xeito manual nas nosas bibliotecas.

A enquisa está dirixida tanto a persoas usuarias das bibliotecas como a persoas que habitualmente non usan este servizo.

O prazo remata  o próximo 31 de xullo.

ACCEDER Á ENQUISA DENDE ESTE ENLACE.

 

 

 

Compartir