Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Entroido “peliqueiro” na Biblioteca Xela Arias

ImagenNoDisponible

Este luns nenas e nenos de Chapela participaron nun obradoiro onde puderon elaborar un chapeu inspirado na tradición do coñecido entroido de Laza: os peliqueiros.

Ademáis os e as participantes maquillaron a súas caras imitando as máscaras destes coñecidos personaxes do Carnaval galego.

O obradoiro incluía unha pequena merenda de entroido, con doces orellas e un rico chocolate.

NESTE ENLACE podedes ter acceso ás fotografías.

Viva o Entroido!

Compartir