Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.
Cargando Eventos

Festa dos Maios

1 mayo

Os Maios” é unha celebración popular que se fai nalgunhas zonas de Galicia dende moi antigo. Con ela quérese conmemorar a chegada da primavera e o remate do cru inverno, e propiciar deste xeito a obtención de boas colleitas. Forma parte do chamado “Ciclo do Maio”, época de exaltación da natureza, da floración das plantas e da aparición dos primeiros froitos.

“Os Maios” son estruturas de madeira cubertas con elementos naturais como brión, flores silvestres, ovos, paus ou froitas. Na praza do Concello pódense escoitar as diferentes coplas que se cantan arredor destas estruturas, inzadas de escarnio, fina sátira e sabedoría popular, todas elas narrando acontecementos presentes ou pasados.

Tamén se celebra un concurso para premiar as mellores figuras segundo a súa tipoloxía e as propias composicións das coplas. Nestes día, Redondela énchese de optimismo, retranca, fiúncho e de gran colorido e vistosidade.

Comparte

  • Este evento ha pasado.

Detalles

Fecha:
1 mayo
Precio:
Gratuito
Categorías del Evento:
, ,

Local

Alameda de Castelao
Unnamed Road
Redondela,Pontrevedra36800España
+ Google Map

Compartir