Concello de Redondela

Cargando Eventos

Os Carunchos: concerto presentación libro-disco «Unha gorxa chea de paxaros» – XX Aniversario da Biblioteca Xela Arias

24 octubre @ 20:00 - 21:30

Este ano as Bibliotecas Municipais de Redondela festexaremos o 24 de outubro, Día das Bibliotecas, do xeito máis espectacular que se nos ocorre.

Trasladamos a esta data a celebración do 20 aniversario da Biblioteca Xela Arias de Chapela, que levamos conmemorando durante todo o ano, e traemos para este día un evento do máis extraordinario: o concerto do grupo Os Carunchos.

Os Carunchos, lendario grupo de música tradicional con tres décadas de bagaxe, ten un fondo arraigamento na localidade de Chapela. O grupo ven de publicar o seu primeiro libro-disco: «Unha gorxa chea de paxaros», no que pon música a fermosos poemas do benquerido Manuel María.

A cita terá lugar no Auditorio do Multiúsos Piñeiral do Crego.

A entrada é libre ata completar a capacidade.

Comparte

  • Este evento ha pasado.

Detalles

Fecha:
24 octubre
Hora:
20:00 - 21:30
Categorías del Evento:
,
Etiquetas del Evento:
, ,
Web:
https://redondela.gal/es/outono-actividades-de-animacion-nas-bibliotecas-municipais-de-redondela/

Local

Biblioteca de Chapela
Camiño do Piñeiral, 22
Chapela, Redondela, Pontevedra 36320 España
+ Google Map
Teléfono
986 454 226

Organizador

Bibliotecas
Teléfono
986454226
Correo electrónico
bibliotecachapela@redondela.gal
Ver la web del Organizador

Compartir