A Biblioteca Xela Arias fixo onte unha bonita celebración do Día do Libro Infantil.
Cunha nova sesión de Contos da veciñanza, Lía e mais Beatriz, as nosas veciñas máis «conteiras», achegaron a historias fermosas ao público máis cativo que veu pasar a tarde connosco.
Unha participación veciñal que nos enche de alegría nas vésperas do 20 aniversario da biblioteca.
Contamos contos relacionados coa primavera e fixemos un rato de biblioteca para levar para a casa.
Pronto saberedes de novas actividades da biblioteca, para festexar este Mes do Libro.