Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Luísa Villalta: melodía e cor na Biblioteca Xela Arias

 

Na véspera do Día das Letras Galegas as bibliotecas gozamos de achegar a literatura galega e, en especial, este ano, a figura de Luísa Villalta a todos os nosos lectores.

  • Esta mañá a Biblioteca Xela Arias recibiu a visita dun grupo de usuarios de Afaga, da área de Chapela.

Con eles repasamos a figura da escritora, e aproveitamos para facer un percorrido pola historia do Día das Letras Galegas.

Lemos poemas en galego.
Coñecemos as mil facetas de Luísa Villalta.
Achegámonos aos poemas da autora homenaxeada a través da cor e a composición artística.

  • Pola tarde, cativas da nosa contorna sumáronse a facer esas composicións para decorar a biblioteca.

Compartir