O Concello de Redondela autorizou un total de 52 cacharelas que arderán este domingo na noite de San Xoán. A maior parte delas, 44, son autorizacións para propietarios de terreos particulares, e 8 de centros culturais e asociacións.
As fogueiras que preparan os colectivos das diferentes parroquias son a do CCRD Cabeiro, a AVDC Miñoteira de Ventosela, Rande ADC, o Centro Cultural de Santo Estevo de Negros, CCD Cesantes, Asociación de Festas do Carme de Soutoxusto, ACR de Quintela e Comunidade de Montes de Saxamonde.