A Biblioteca Xela Arias de Chapela será a máis madrugadora na programación do 8M no noso Concello. Adiantándose ao día do pregón ofrecerá un contacontos musical para público familiar.
O vindeiro xoves contaremos coa actuación da banda Música Miúda, que nos achegarán cancións e contos con mensaxe, adaptando á escea o seu libro-disco «Cambia o conto».
«A pequena Xiana lévanos a través das súas aventuras e pensamentos, a reflexionar sobre os diferentes estereotipos de xénero. Atópase con personaxes dos contos populares, reiventados doutro xeito, e presenta outras novas, que desafían as imposicións dos xéneros».
📆 Será o xoves 6 de marzo, ás 18:30 h.
Rapazada de +3 anos, e público familiar.
Entrada libre ata encher a capacidade.
