As Bibliotecas Municipais de Redondela acollen unha actividade de divulgación científica coa redondelá Paula Rivas.
En relación co ciclo «Aquí sí hai quen escriba» co que as bibliotecas estamos a facer eco da creación literaria da nosa veciñanza, petamos na porta desta bióloga e divulgadora veciña, que se brindou a achegar a nenos e nenas da nosa contorna unha «masterclass» sobre o funcionamento do cerebro.
Paula Rivas, cun doutorado en neurociencia e cun extenso currículo neste eido, está a facer unha labor divulgativa sobre o funcionamento do sistema nervioso, e ten xa publicado con Xerais un libro para público infantil sobre esta temática.
O 23 de xaneiro terémola na Biblioteca Xela Arias para unha estimulante charla onde rapaces e rapazas coñecerán como traballa o «ordenador» que fai funcionar aos seres humanos, e onde explorarán moitas curiosidades sobre neuronas, nervios, sentidos e hemisferios cerebrais.
- Unha proposta para nenos e nenas de entre 8 e 12 anos.
- É de balde, pero precisa que vos inscribades na biblioteca para participar.
- A cita será o xoves 23 de xaneiro, ás 18:30 h. na Biblioteca Xela Arias de Chapela.