As Bibliotecas Municipais de Redondela entregan durante este mes de abril os premios aos mellores lectores do ano 2024.
No Día do Libro Infantil e Xuvenil, 2 de abril, entregaron os premios ao Mellor lector infantil, do que resultaron gañadores:
- Noa, premiada na Biblioteca Valle-Inclán de Redondela.
- Samuel Leonardo, premiado na Biblioteca Xela Arias de Chapela.
Neste 23 de abril, Día do Libro, entregamos os premios ao Mellor lector adulto. Os premiados foron:
- Isolina Rodríguez, premiada na Bibilioteca Valle-Inclán de Redondela.
- Azucena Domínguez, premiada na Biblioteca Xela Arias de Chapela.
Os premios corresponden ás persoas que máis uso fixeron do servizo de préstamos de cada unha das bibliotecas durante o ano 2024, nas categorías respectivas de lector adulto e infantil.
O premio consiste nun vale de gasto para mercar libros en librerías do noso municipio. Ademáis, os premiados gozarán da categoría de «Socios de honra» durante un ano na Rede de bibliotecas de Galicia, o que se traduce en condicións máis vantaxosas no servizo de préstamos de todas as bibliotecas da rede.
Felicitamos ás persoas premiadas, e animamos á cidadanía a gozar do servizo de préstamo das nosas bibliotecas.