Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

O CEIP Igrexa de Chapela visita a Biblioteca Xela Arias para afondar na Galicia mítica e lendaria

ImagenNoDisponible

Na Biblioteca Xela Arias estamos a xogar e a divertirnos cos centros de ensino!

Desta vez recibimos a visita do alumnado de 5º do CEIP Igrexa para coñecer e afondar no patrimonio inmaterial galego.
Lendas, tradicións, lugares máxicos, festas populares… todo entra no noso xogo de Biblio-Oca! E todo nos serve para aprender e coñecer máis da nosa contorna.

Rapaces e rapazas deste centro de ensino saíron moi contentos da actividade. E nós quedamos encantados!

Agardamos velos de novo polas nosas instalacións

Compartir