Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

O museo Meirande retoma as visitas teatralizadas

O centro de interpretación da Batalla de Rande, Meirande, retoma esta fin de semana as visitas guiadas teatralizadas. Será o sábado, día 25, cos guías oficiais do museo e a dramatización a cargo do grupo de Teatro ADC Rande. A cita é ás 18.00 horas. As seguintes visitas teatralizadas serán o 29 de xuño e o 28 de setembro, nos dous casos con dobre sesión ás 16.30 e ás 18.00 horas. Todas estas visitas son de balde, con reserva previa no teléfono 986 45 88 91 ou no enderezo electrónico museomeirande@redondela.gal.

O Centro de Interpretación do Patrimonio Cultural de Rande, o Meirande, ten como misión sensibilizar e concienciar á cidadanía da enorme riqueza non só histórica, senón tamén sociocultural e paisaxística da zona. Estas visitas teatralizadas ofrecen a posibilidade de coñecer este patrimonio dun xeito lúdico, o que as converte nunha alternativa de ocio ideal para público de todas as idades.

Compartir