Concello de Redondela

O novo paso superior da Portela será máis amplo e seguro para vehículos e peóns

– O paso actual, de 5 metros de ancho, será substituído por un novo de 8,5 metros, Contará con dous carrís de circulación e beirarrúas para peóns a ambos lados da ponte. O paso, duns 18 metros de longo, incluirá barreiras e varandas de seguridade.
– A alcaldesa, Digna Rivas, confía en que os traballos poidan realizarse no prazo de tempo máis breve posible, e destaca que co novo paso superior “a veciñanza gañará en mobilidade cun acceso máis amplo e moderno, o que permitirá a circulación tanto do tráfico como dos peóns dun xeito máis cómodo e sobre todo máis seguro”.

As obras de renovación da vía no trazado entre Redondela e Vigo xa están en marcha. Os traballos comprenden a ampliación das dimensións da vía e a instalación de novos sistemas de protección civil e seguridade nos túneles. No paso superior da Portela, en Cedeira, renovarase por completo o acceso. O paso actual, de 5 metros de ancho, será substituído por un novo acceso moito máis amplo e seguro, tanto para vehículos como para peóns. A nova plataforma contará cun ancho de 8,5 metros, con dous carrís de circulación e beirarrúas para peóns a ambos lados da ponte. O paso, duns 18 metros de longo, incluirá barreiras e varandas de seguridade.

Tal como se avanzou desde o Concello o pasado 20 de agosto, a empresa adxudicataria explica que debido á complexidade dos traballos o acceso estará pechado de xeito provisional durante varias semanas. A alcaldesa, Digna Rivas, confía en que os traballos poidan realizarse no prazo de tempo máis breve posible, e destaca que co novo paso superior “a veciñanza da contorna gañará en mobilidade cun novo acceso máis amplo e moderno, o que permitirá a circulación tanto do tráfico como dos peóns dun xeito máis cómodo e sobre todo máis seguro”. A renovación da liña ferroviaria inclúe tamén un novo viaduto sobre a estrada N-550 e renovaranse unha vintena de pasos inferiores para facelos máis accesibles e seguros.

Renovación da estación de Redondela e novo novo apeadeiro en Chapela

A renovación de vía do trazado Redondela-Vigo Guixar inclúe tamén a construción do novo apeadeiro de Chapela e a modernización da estación de tren de Redondela. Estes últimos traballos xa están en marcha, cun investimento de 3,3 millóns de euros, co que se completa remodelación e mellora a accesibilidade da estación redondelá.

Esta do actual do paso elevado da Portela
                                                                                    Estado actual do paso elevado da Portela
Plano do novo paso superior da portela
                                                                                                Plano do novo paso superior da portela

Compartir