Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

O Punto Limpo Móbil desprázase a Trasmañó e percorrerá todas as parroquias ata finais de ano

O punto limpo móbil percorrerá todas as parroquias do noso Concello para facilitar á veciñanza a reciclaxe do lixo que non pode depositarse nos colectores comúns. Neste punto limpo poden botarse pequenos electrodomésticos, material informático, pilas e baterías, móbiles ou tabletas, cargadores, xoguetes, aerosois ou botes de pintura, entre outros residuos. Logo de pasar por Redondela, agora atópase en Chapela, e a próxima semana estará e Trasmañó, para ir rotando despois polas diferentes parroquias. O punto limpo móbil estará unha semana en cada localización. O obxectivo deste novo servizo é “facilitar á veciñanza a reciclaxe de diferentes tipos de lixo que non debe de ir aos colectores comúns”, explica o concelleiro Roberto Villar. Trátase dun servizo gratuíto para a veciñanza “pero de grande importancia para ter cada vez unha Redondela máis limpa, polo que é fundamental contar coa colaboración de todos e todas”, sinala a alcaldesa Digna Rivas. Para que a recollida sexa eficaz “é importante separar ben os residuos, polo que en caso de dúbida é mellor consultar no teléfono de información 986 388 111”, sinala Villar. O goberno local fai un balance “moi positivo” do uso que a veciñanza está a dar a este punto limpo, xa que nas dúas semanas que estivo na praza do Concello recolléronse multitude de aparellos eléctricos, material informático, botes de pintura e centos de CD’s, entre outros residuos.

CALENDARIO DE LOCALIZACIÓNS DO PUNTO LIMPO MÓBIL

TRASMAÑÓ. Ao carón do Convento

Semana do 22 de xullo

Semana do 4 de novembro

CEDEIRA. Aparcadoiro contiguo á pista deportiva na rúa Cruceiro

Semana do 29 de xullo ao 2 de agosto

Semana do 11 de novembro

CABEIRO. Aparcadoiro do Centro Cultural San Xoán de Cabeiro

Semana do 5 de agosto

Semana do 18 de novembro

VILAR. Aparcadoiro do Centro Cultural de Vilar

Semana do 12 de agosto

Semana do 25 de novembro

QUINTELA. Aparcadoiro do novo Centro Cultural de Quintela

Semana do 19 de agosto

Semana do 2 de decembro

SAXAMONDE. Área Recreativa do Camiño dos Frades

Semana do 26 de agosto

Semana do 9 de decembro

NEGROS. Aparcadoiro do Centro Cultural de Negros

Semana 2 de setembro

Semana 16 de decembro

REBOREDA. Aparcadoiro da zona do cemiterio

Semana 9 de setembro

Semana 23 de decembro

VENTOSELA. Inmediacións do CVCD Miñoteira, estrada da Fontecova

Semana do 16 de setembro

Semana do 30 de decembro ao 3 de xaneiro

O VISO. Saramagoso, ao comezo da subida á Peneda

Semana do 23 de setembro

CESANTES. Miradoiro no Alto dos Tras

Semana do 30 de setembro ao 4 de outubro

CESANTES. Catapeixe, praza de San Pedro

Semana do 7 de outubro

REDONDELA. Contorna do Concello

Semana do 14 de outubro

CHAPELA. Aparcadoiro rúa Manuel Rodríguez Casal

Semana do 21 de outubro

CHAPELA. Aparcadoiro do Pavillón Manuel González Soto

Semana do 28 de outubro ao 1 de novembro

Minipuntos Limpos

Este punto limpo móbil únese aos seis “minipuntos” que xa existen desde hai anos en diferentes rúas de Redondela e Chapela. Estes espazos para reciclar pequenos obxectos como cartuchos, lámpadas, cargadores, pilas ou baterías, están instalados nas rúas Alfonso XII, Ernestina Otero, Ribeira e Santa Mariña de Redondela, e na avda de Redondela e avda de Vigo en Chapela.

Recollida de residuos voluminosos

Para residuos máis voluminosos como mobles, colchóns ou outro tipo de enseres, xa existe un servizo de recollida “porta a porta” cun sistema moi sinxelo para os usuarios. Tan só é preciso contactar con Urbaser no teléfono 986 388 111, en horario de 9 a 14 horas, e se lle informará do día e lugar no que pode depositar estes residuos.

Compartir