Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

O verán xa fixo a súa entrada na Biblioteca Xela Arias

O verán xa chegou, e na Biblioteca Xela Arias celebrámolo cun espectáculo infantil de contos e cancións ao aire libre.
Bardo Abelardo foi o narrador que nos achegou historias e lendas relacionadas cos bosques, as árbores, os ríos e os animáis do noso medio natural. Con el e co seu acordeón cantamos e evocamos unha natureza libre, respectada e en equilibrio.

Houbo tempo para cantar e para ler, xa que a biblioteca achegou un pequeno fondo de libros infantiles ao parque. As árbores, as vistas marabillosas da Ría de Vigo , a suave brisa que nos refrescaba e o ambiente acolledor que creaban as familias que pasaban a tarde no parque fixeron que a xornada fora de moito agrado, onte no parque do Piñeiral do Crego.

Unha tarde para pasalo ben e para festexar a chegada do verán. E, como non, para gozar tamén das instalacións que o parque infantil María Miramontes ten para o gozo e benestar dos máis cativos.

Esta actividade realizámola grazas ao programa de cofinanciamento Ler conta Moito da Xunta de Galicia.

Compartir