Nas bibliotecas municipais de Redondela tamén promovemos o Black Friday.
Pero a nós a palabra Black nos leva máis polo terreo literario, e asociámolo ao seu significado no noso idioma: “Negro”.
Así que este Friday-Venres recomendámosvos ler Novela negra, como a chamamos por aquí, ou Roman-noir, en francés, ou Hard boiled, como tamén a denominan os anglosaxóns.
Para a vosa curiosidade dirémosvos que a denominación “negra” que adoptou este tipo de novela débese, dunha banda, aos ambientes escuros que reflexaban, pero sobre todo a que aqueles relatos se publicaron por vez primeira na revista Black Mask, creada en 1920 e tamén na Série Noire, da editorial francesa Gallimard. Diferénciase da novela policial en que normalmente os ambientes son máis sórdidos e marxinais, as tramas máis violentas e os personaxes máis complexos, seres normalmente derrotados, que se debaten entre o ben e o mal.
Así que este venres, buscade o “black” na literatura, e achegádevos ás bibliotecas en busca dalgunha novela negra par ler a fin de semana.
Seguide as nosas recomendacións!