Se vos gusta debuxar e crear historias, desde a Biblioteca Xela Arias de Chapela convidámosvos a participar nun divertido obradoiro para explorar a vosa creatividade.
Obradoiro de debuxos kawaii, que se desenvolverá en dúas xornadas: Mércores 17 e mais mércores 24 de abril, de 18:00 a 19:30 h.
Kawaii é unha palabra xaponesa que se pode traducir por “tenro” ou “lindo”.
O estilo kawaii de ilustración inventouse tamén en xapón. Está relacionado cunha estética de personaxes que xera tenrura e simpatía, seguindo un estilo formal moi próximo ao manga. Ten relación co uso estendido de personaxes animadas no eido da comunicación comercial e institucional da cultura nipona.
A actividade será impartida pola ilustradora e artista gráfica chapeleira Nusy Lo.
Para nenas e nenos de 7 a 12 anos.
Prazas limitadas. Para participar precísase inscrición na biblioteca:
986-454-226
bibliotecachapela@redondela.gal