Faremos unha traballo manual que tamén será un fermoso recordo para enviar a familiares e amigos.
Os nenos/as prepararán as súas propias postais coas indicacións e os materiais dos que se lles farán entrega, escribirán o texto que as acompaña, porán o destinatario e o remitente no sobre e pegaremos un selo para poder envialos por correo.
– O obradoiro está dirixido a rapazada de 6 a 12 anos.
– Recoméndase traer escrito o enderezo da ou das persoas ás que o neno/a desexe enviar a postal.
Para participar é preciso inscribirse na Biblioteca Xela Arias:
tlf: 986-454-226, correo: bibliotecachapela@redondela.gal