Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Os libros que máis lle prestan a…. Yolanda Castaño

ImagenNoDisponible

 

Como xa sabedes, mensualmente Normalización Lingüística Redondela estase a poñer en contacto con distintos/as creadores/as e persoas das letras para pescudar sobre as súas preferencias literarias e os libros que máis lles marcaron ao longo da súa vida.

Neste mes coñecemos a preferencias de Yolanda Castaño,  unha embaixadora da lingua e a literatura galega que percorre, cos seus libros e versos, o mundo. Unhas veces está en Estados Unidos e outras aparece en Xeorxia. En países tan lonxanos escoitan a nosa lingua. Sábena querer como expresión de patrimonio, como execicio de cultura.

Aquí podedes acceder á entrevista no blogue do Servizo de Normalización Lingüística de Redondela

As bibliotecas poñemos o noso pequeno gran de area nesta preciosa iniciativa , colocando cada mes, nas nosas salas de lectura, un centro de interese coas obras dos escritores que máis lle prestan ao autor/autora do mes.

 

 

Compartir