Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Postais de Nadal: recuperando a tradición

ImagenNoDisponible

Este luns a Biblioteca Xela Arias encheuse de creatividade e maxia grazas ao noso obradoiro de postais de Nadal, conducido pola artista Macarena G. Muñoz.

Nenos e nenas de Chapela foron convidados a realizar postais artesanais para felicitar as festas ás súas persoas máis queridas, e instruidos na tradición do envío destas postais polo xa case esquecido correo postal ✉

Dende a biblioteca sentimos un chisco de nostalxia e moita alegría ao ver o interese co que a rapazada participante se empregaba na tarefa.

Elaboraron cada un deles tres postais, seguindo técnicas e estilos creativos moi diferentes ✏✂

Agardamos que amigos e familiares destes rapaces e rapazas se ilusionen ao recibir agasallos visuais tan fermosos como os que elaboraron a pasada tarde no noso centro de Chapela.

VER FOTOGRAFÍAS

Compartir