Concello de Redondela

Search
Close this search box.
Search
Close this search box.

Préstamo especial de verán na Biblioteca Xela Arias de Chapela

A Biblioteca Xela Arias de Chapela pecha durante o mes de agosto.

Pensando en que non queremos que se vos esgoten as lecturas durante este tempo, ampliamos o número de préstamos que poderedes facer con cada carné. Dende hoxe e ata o 31 de xullo poderedes levar 9 libros e 3 películas con cada carné para gozar na casa.

 

E, xa que estades, dentro das vosas escollas poderedes optar por algún da nosa selección de libros de ambientación estival que xa vos temos preparados na biblioteca. Son moitos e moi variados. Non deixedes de consultalos

 

Lembrade que o noso horario de verán é de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h.

 

 

 

 

 

 

Compartir