– Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto. Rivas amosouse moi satisfeita coa excelente acollida que cada ano ten esta actividade “que favorece a conciliación familiar e laboral da veciñanza, ao tempo que permite a nenos e nenas participar en actividades lúdicas e didácticas”.
– Os campamentos realízanse en sete emprazamentos diferentes: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Quintela, Reboreda e Redondela. O Concello “aposta por achegar os servizos a toda a veciñanza para facilitar o acceso e reducir os desprazamentos das familias”, explica a concelleira Iria Vilaboa.
Onte comenzou o Programa Municipal de Conciliación para o Verán. Preto de 500 nenos e nenas participarán ao longo dos meses de xullo e agosto nas diferentes quendas que se celebran nas distintas parroquias. A alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Servizos Sociais, Iria Vilaboa, visitaron esta mañá o grupo que participa no campamento que se realiza no Conservatorio Municipal. Rivas amosouse moi satisfeita coa excelente acollida que ten cada ano esta actividade “que favorece a conciliación familiar e laboral da veciñanza, ao tempo que permite a nenos e nenas participar en actividades lúdicas e didácticas”.
Os campamentos, dirixidos á rapazada de 3 a 12 anos de idade, realízanse no CEIP Porto Cabeiro, CEIP de Cedeira, CEIP Outeiro das Penas, CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Quintela, SLC de Reboreda e no Conservatorio Municipal de Redondela. Deste xeito o Concello “aposta por achegar os servizos a toda a veciñanza, tanto na vila como nas parroquias, para facilitar o acceso aos campamentos e reducir os desprazamentos das familias”, explica a concelleira Iria Vilaboa.